Xuntanza de EQUO A Coruña coa Plataforma de Afectadas pola ampliación do CHUAC

O pasado 9 de Xullo, reunímonos coa Plataforma de Afectadas pola ampliación do CHUAC, que nos trasladaron as súas inquedanzas sobre a ampliación do hospital.

É evidente que temos que buscar a mellor sanidade pública posible, pero non á costa das vivendas dos veciños do barrio de Eirís. Queremos e precisamos un procedemento racional e levado a cabo xunto coa veciñanza. Con transparencia e criterios razoados. A Galicia que queremos non precisa máis pelotazos e formigón.

 

Deixa unha resposta