O Concelleiro membro de EQUO, mostrou o seu apoio ás demandas da Plataforma en Defensa do Tren A Coruña-As Mariñas.
O pasado 3 de Maio representantes da plataforma que esixe a mellora do ferrocarril na comarca coruñesa e a implantación do servizo de proximidade na liña Coruña-Ferrol, reuníronse co Concelleiro de Mobilidade Sostible da Coruña, Daniel Díaz.
Lidia García e Francisco Freire participaron na xuntanza como representantes de EQUO, dentro da plataforma. Non eran os únicos membros de EQUO, xa que como representante do goberno municipal de Marea Atlántica estaba o noso compañeiro Daniel Díaz.
A proposta da plataforma é que dende as administracións locais, de xeito conxunto se reclame ás administracións competentes, neste caso ao Ministerio de Fomento, para acadar os fins que pretende a plataforma. Falouse de que as accións propostas tampouco requerirían dun grande investimento, por exemplo na liña A Coruña-Ferrol, o único que habería que facer é uns mínimos: adaptar a estructura de electrificación e poñer a doble vía.
A plataforma presentará unha moción no pleno municipal, pedindo o compromiso do concello para solicitar a mellora da liña de ferrocarril na comcarca coruñesa e a implantación do servizo de proximidade.
