Xuntanza da Mesa Territorial de EQUO A Coruña co concelleiro de Mobilidade Sostible

O pasado 1 de Febreiro, membros da Mesa Territorial de EQUO A Coruña reunímonos co noso compañeiro Daniel Díaz Grandío, concelleiro de Mobilidade Sostible da Coruña. Dani Díaz é membro de EQUO e participa no goberno municipal de MAREA ATLÁNTICA, á que EQUO A Coruña apoia.

Na xuntanza fixemos un repaso aos primeiros seis meses do novo goberno municipal, poñendo especial interese na concellería de mobilidade, cuxa responsabilidade recae no noso compañeiro.

Hai numerosos retos e queda moito traballo por diante. O obxectivo do goberno municipal de MAREA ATLANTICA, que recolle os plantemientos da ecoloxía política impulsada por EQUO, é alcanzar unha mobilidade cada vez máis sustentable. Isto traduciríase en menores emixiones de CO2 e outros gases contaminantes á atmosfera, que beneficiará á calidade de vida de todos.

Desde EQUO apoiamos o traballo do noso compañeiro e o do todo o equipo de goberno de Xulio Ferreiro. Varios membros de EQUO A Coruña participamos en diferentes Mareas sectoriais para contribuír e seguir achegando propostas que enriquezan as iniciativas municipais.

photo46461792728229990