Xulio Ferreiro, candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña

Xulio Ferreiro: “Cabalgamos sobre unha marea de rebelión democrática que vén de movementos populares como Nunca Máis ou do 15-M”.

O candidato da Marea Atlántica á alcaldía participou nunha rolda de prensa de presentación do acto que terá lugar  en Madrid xunto a outras plataformas cidadás de todo o Estado.
“O 24 de maio hai dúas opcións: a da Gürtel e Bárcenas ou a da cidadanía e a transparencia destas candidaturas irmás”, sinalou Ada Colau, de Barcelona en Comú.

Xulio-Ada

Xulio Ferreiro e Ada Colau. Madrid, 6 de Maio 2015