Tal e como se expresa nos seus principios políticos, BETANZOS NOVO é unha Plataforma Cidadá con catro puntos básicos: Democratización do Concello e o deseño do Betanzos que queremos, Defender os dereitos básicos e conquerir unha vida digna para todos os Betanceiros, Impulsar unha economía con xustiza social e ambiental e Xestionar o urbanismo a favor da maioría social.
En EQUO estamos convencidos de que a ecoloxía política está perfectamente representada nesta candidatura e nos concelleiros elexidos nas pasadas eleccións municipais.
Noraboa Betanzos !!
Noraboa BETANZOS NOVO !!