VERDES EQUO Galicia participa na Conferencia política do 10º aniversario do partido

O 5 de xuño, día Mundial do Medio Ambiente e día no que o partido cumpre 10 anos, VERDES EQUO celebrou a súa conferencia política que marca a estratexia política dos próximos anos.

Nesta conferencia, desenvolvida online, participaron varios membros de VERDES EQUO Galicia, compartindo as reflexións e obxectivos dos retos que temos por diante e coa ilusión da chegada desta onda verde que percorre Europa.

O encontro do 5 de xuño serviu para facer un resumo do traballo e dos logros destes 10 anos, pero tamén serviu de reafirmación dos ideais de VERDES EQUO, como son a ecoloxía política e a xustiza social. Na conferencia participaron tamén Eveline Huytebroeck, co-presidenta do Partido Verde Europeo e Ska Keller, co-presidenta do Gruppo Verde no Parlamento Europeo.

Despois destes 10 anos, seguiremos construíndo un relato en positivo, fresco e innovador, afastado da crispación, baseado nos coidados, a cooperación, a equidade e a sustentabilidade para mellorar a vida das persoas.