O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou e deixou sen efecto o acordo aprobado polo Consello da Xunta o 27 de xuño de 2019 para a modificación do proxecto do parque eólico Serra do Oribio, situado na Zona Especial de Conservación (ZEC) Os Ancares-Ou Courel, entre os concellos de Samos e Triacastela. O espazo natural afectado é parte da Rede Natura 2000 e nel habitan animais protexidos como o oso pardo e o aguia real.
Esta sentenza é consecuencia dos recursos interpostos polas asociacións Verdegaia; Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, Adega, Fundación Oso Pardo (FOP) e Sociedade Galega de Ornitoloxia (SEO). O tribunal detivo a construción do parque eólico ao considerar que a declaración de impacto ambiental, aprobada en 2007 polo último goberno presidido por M. Fraga, está obsoleta.
Verdes EQUO Galicia considera esta sentenza un avance na protección do noso espazo natural protexido e felicita ás asociacións ecoloxistas e ambientalistas polo seu traballo durante todo o proceso. A preservación dos espazos naturais protexidos debe formar parte dunha sociedade sostible na que a produción de enerxías renovables sexa planificada de maneira intelixente e altamente respestuosa coas contornas sensibles e non dependa de determinados intereses económicos.