Esta semana producíase un novo contaxio de Covid-19 nunha granxa de visóns situada en Galicia, concretamente en Santiago. A granxa afectada alberga máis de 6500 visóns en catividade para a súa explotación e sacrificio, o que é unha mostra máis de maltrato animal.
Este é o segundo contaxio de Covid-19 nunha granxa de visóns en Galicia, tras o ocurrido o pasado Xaneiro nunha granxa da Baña. Naquel caso sacrificáronse máis de 3000 visóns.
Verdes EQUO Galicia xa denunciou no outono pasado a problemática destas granxas e o risco de contaxio do Covid non só aos visóns, senon aos traballadores e veciños próximos ás granxas. Unha vez máis, esiximos o peche destas granxas de maltrato animal innecesario e que haxa o máximo control sanitario ata que isto non se produza.
Como xa manifestamos, desde Verdes EQUO Galicia apoiamos á asociación Tu abrigo su vida que estaba denunciado unha situación que supón un grave risco nestes tempos do Covid, ademáis de rexeitar as prácticas destas granxas que son lugares maltrato e sacrificio masivo de animais cada ano.