Sumémonos ás Concentracións contra o acordo UE-Turquía para deportar ás persoas refuxiadas

MÉRCORES 16 Marzo: Concentracións en toda Galicia entre as 19:30 e as 20h.

Organizacións políticas, sindicais e sociais convocan concentracións en toda Galicia para hoxe mércores, día 16 de marzo. Con estas mobilizacións quérese amosar o rexeitamento contra o acordo «inmoral, vergoñoso e ilegal» entre a Unión Europea e Turquía para deportar ás persoas refuxiadas.

As organizacións convocantes consideran que esta actuación vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado. Ante esta situación, instan ao Goberno español a non apoiar o devandito acordo e convocan ás galegas e galegos a participaren nas mobilizacións.

EQUO Galicia apoia as concentracións e chama á participación:

CONCENTRACIÓNS

  • A Coruña, 20h no Obelisco
  • Ferrol, 20h diante da sede da Xunta, Praza de España
  • Santiago, 20h na Praza do Toural
  • Burela, 20h diante do Concello
  • Lugo, 20h diante da Subdelegación do Goberno
  • Ourense, 19:30h diante da Subdelegación do Goberno
  • Vilagarcía de Arousa, 20h na praza de Galicia
  • Vigo, 20h diante do Museo de Arte Contemporáneo (MARCO)

MANIFESTACIÓN

  • Pontevedra, 20h desde a Praza da Peregrina ata a Subdelegación de Goberno

Comunicado de EQUO sobre esta crise de refuxiadas e o acordo UE-Turquía: Crisis sobre los Refugiados: EQUO exige a Rajoy explicaciones sobre el acuerdo «ilegal e inmoral» con Turquía

2214847