#SosteniNavidad con EQUO

Coa chegada do Nadal, os nosos hábitos de consumo, ocio e alimentación transfórmanse e se multiplican, sendo frecuentes os excesos. Esto conleva un alto custe non so para o noso peto, se non tamén para o planeta, que debemos e podemos minimizar mantendo intacto o espírito de Nadal ;-)

Desde EQUO, lanzamos unha campaña para concienciar da necesidade de optar por un consumo sostible e solidario e convidámoste a que te sumes, seguindo unhas sinxelas recomendacións:

Como mercar en Nadal

Antes de mercar un agasallo, plantéxate se é necesario e elixe aqueles cuxo proceso de fabricación sexa respectuoso coas persoas e coa contorna. No lugar de ir a centros comerciais, acude a comercios das vilas ou barrios próximos a ti, para apoiar ao comercio local e reducir a pegada ecolóxica.

Os xoguetes non teñen xénero, compra productos que promovan valores positivos e evita aqueles que fomenten valores sexistas ou violentos.

E lembra! os animais non son un xoguete, conlevan unha grande responsabilidade, antes de mercar, adopta.

Consume o que precises

As enchentes son moi frecuentes, se queres evitar esa dor de bandullo, compra o xusto, para evitar malgasto. Os alimentos de tempada, son máis ecolóxicos, saborosos e saudables.

Rexeita os que non foran producidos de xeito sostible. Seguro que che saberá moito mellor! :)

Creatividade ao poder

Decora o teu Nadal con materiais reciclados para non consumir recursos naturais e ilumina as túass festas con luces de baixo consumo, así, aforrarás enerxía. Hai un montón de ideas creativas para facer a túa propia decoración.

Residuos brillantes

Compra agasallos útiles que saibas que van a ser utilizados. Quen non se ten atopado con miles de envoltorios no lixo ao día seguinte? Evita o exceso de embalaxe, levandoa túa propia bolsa e rexeita as plástico ou papel. Reutiliza o envoltorio dos agasallos e recicla as caixas de cartón.

Deste xeito, contribuiremos a reducir os residuos.

Un ocio divertido e  sostible

Nos teus desprazamentos, utiliza transporte público, vehículo eléctrico ou coche compartido. Para traxectos curtos, mellor ir en bici ou a pé e, se tes a sorte de viaxar nestas datas, fai turismo sostible. Os circos con animais son frecuentes nestas festas; busca para os máis peques un ocio alternativo que non inclúa sufrimento animal. Hai moitas opcións!

Súmate á nosa campaña! e fai desta unha #SosteniNavidad