San Andrés debe ser unha rúa permanentemente peonil con transporte público

EQUO A Coruña considera que o uso peonil da rúa San Andrés durante unha tarde ao mes é insuficiente. Consideramos que o Concello da Coruña debería dar un paso máis e que San Andrés sexa unha rúa permanentemente peonil, permitindo o paso ao transporte público.

Esta nova utilización peonil da vía debería ir acompañada por outras medidas como que os autobuses que discorran por San Andrés sexan 100% eléctricos.

A humanización dos espazos urbanos e a redución do vehículo privado motorizado nos centros das cidades forma parte da loita contra o cambio climático. Ao incrementar os espazos peonís poténciase o comercio local e de proximidade, eliminándose desprazamentos inecesarios que tanta contaminación producen. Tamén se constribuye a fortalecer o tecido urbano social e á conservación do patrimonio arquitectónico.

 

Deixa unha resposta