Queremos Tren de Proximidade

O sábado 14 de Decembro tivo terá lugar unha nova acción para reivindicar un tren digno para toda a comarca da Coruña e o resto de Galicia. Esta iniciativa foi promovida pola Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas, á que EQUO A Coruña apoia.

Ferrol é unha cidade que precisa con urxencia a mellora do tren á Coruña e o de ancho métrico (Feve) a Ribadeo, ademáis da conexión co porto exterior.

Queremos tren, queremos un medio de transporte cómodo, seguro, ecolóxico e eficiente, queremos aproveitar as infraestruturas que temos e melloralas onde sexa necesario.

Membros de EQUO A Coruña asistiron á viaxe en tren entre Coruña e Ferrol e a posteior manifestación polas rúas de Ferrol.