RQMG

RQMG?

Que son esas siglas? Para os que non teñades coñecemento existe a RQM a nivel español (Red EQUO Mujeres) e polo tanto a RQMG será a Rede EQUO Mulleres de Galicia.

A RQMG pretende ser un referente dentro de EQUO Galicia en canto ao empoderamento da muller, tanto dentro da política coma doutros ámbitos xa que, aínda que parece que xa temos moito avanzado en canto á igualdade da muller, ese camiño aínda está por ser percorrido.

O venres pasado, día 27, tivemos unha reunión en Santiago con Nuria Saavedra, da RQMA (de Asturias) onde nos estivo contando que a Rede na súa comunidade está a funcionar moi ben, que ás mulleres lles (nos) interesa e que é un espazo onde poder compartir experiencias e transmitir información acerca dese exercicio de empoderamento que temos que realizar.

Polo tanto, e como ben vedes, estamos a intentar impulsar a rede dentro da nosa propia comunidade. Por iso, precisamos da vosa colaboración coma mulleres, das vosas opinións e apoio.

Se tedes inquietudes e queredes participar na RQMG non dubidedes en contactar con EQUO Galicia. Podedes facelo a través do enlace Colabora: https://equogalicia.org/formulario-de-inscricion-para-colaborar-con-equo-galicia

Deixa unha resposta