Rexeitamos a violencia homofóbica en Rusia

homofobia-no

Despois da nova sobre un grupo neonazi ruso que asasinou a un rapaz por ser homosexual, EQUO Galicia non pode máis que expresar o seu total rexeitamento ante este tipo de actuacións.

Unha vez analizada a nova, aínda se pode considerar máis grave que os asasinos sigan impunes xa que o goberno ruso actúa con total pasividade ante os ataques á comunidade de LGTB.

Non se pode por menos que declarar unha aversión total á maneira de pensar que algúns seguen tendo, non só en Rusia coma neste caso, senón aínda e por desgraza en moitos outros lugares do mundo. Non se trata só de actos, que son gravísimos xa que falamos da vida de persoas, senón do pensamento pechado dalgúns que non fai outra cousa que promover este tipo de accións e mirar cara a outro lado.
Neste tempo que nos toca vivir, no que xa deberiamos ter superadas estas problemáticas, xa non toca ir contra as persoas senón todo o contrario. Todos somos seres humanos, é que alguén non o ten claro?