Rexeitamos a proposta de “Eixo Atlántico” sobre o tren A Coruña-Ferrol, que exclúe a implantación do tren de Proximidade

A proposta baséase nun tren que só teña unha parada intermedia, Betanzos.
O informe do organismo “Eixo Atlántico” elimina desta maneira a posibilidade de implantar un tren de proximidade que daría servizo ás áreas metropolitanas da Coruña e Ferrol, por onde discorre a liña.
 
VERDES EQUO Galicia, como membros da Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas, consideramos que propostas como a realizada por Eixo Atlántico, non son as que deben guiar o futuro do tren que necesitamos na comarca.
 
A mellora da liña, as súas estacións e apeadeiros, o seu eletrificación e o seu tarificación, crearía un tren de proximidade que daría servizo a municipios como Culleredo, Cambre, Miño, Pontedeume, Cabanas e Fene. En total son varios centos de miles de habitantes, potenciais usuarios dun medio de transporte sostible que vertebra o territorio e que pode contribuír á diminución do uso do vehículo privado, o que contribúe á loita contra o cambio climático.
 

Comments are closed.