EQUO aposta por unha República cidadá fronte a unha monarquía ancorada no pasado
En EQUO pensamos que, tras a abdicación do rey Juan Carlos, é o momento de dar a voz á cidadanía para que esta decida sobre o modelo de Estado. A xuízo desta formación política, esta renuncia non se debe saldar cunha simple sucesión, senón por unha saída democrática coa posta en marcha dun proceso Constituínte no que se inclúa un referéndum que permita elexir entre monarquía ou república.
Neste senso, EQUO reitera a súa aposta pola República, por entender que a Monarquía forma parte dun sistema político anquilosado e incapaz de dar solucións á presente crise económica, social, política e medio ambiental. A abdicación do rei é a ocasión perfecta para que reiniciemos entre todas un sistema colapsado, con transparencia e participación cidadá.
Para o co-voceiro de EQUO, Juan López de Uralde, «sería un grave erro seguir actuando como se nada ocorrese. A abdicación do rei remove os alicerces dun modelo que xa non nos representa. Non se entende como nunha democracia do século XXI o Xefe do Estado segue dependendo de factores hereditarios e non da vontade cidadá. Urxe facer cambios profundos».
Respecto do futuro modelo de Estado, a co-voceira de EQUO, Carolina López, afirmou que esta organización defende unha «República cidadá, sostible, laica e que blinde os dereitos que se están a esnaquizar durante os últimos anos».
Animamos a todo o mundo a participar hoxe nas concentracións por todo o país esixindo a fin da Monarquía:
- A Coruña 20:00 Obelisco
- Ferrol 20:00 Praza de Armas
- Lugo 20:00 Subdelegación do goberno
- Ourense 20:00 Praza Maior
- Pontevedra 20:00 Praza da Peregrina
- Santiago de Compostela 20:00 Praza do Toural
- Vigo 20:00 Farola de Urzaiz