Remata o mandato do concelleiro verde Daniel Díaz Grandío no Concello da Coruña

O Concelleiro de Mobilidade Sostible entre 2015 e 2019, conseguiu aumentar os quilómetros de carrís bici, peonalizar a Cidade Vella e baixar o prezo do autobús urbano.

En 2015 chegaba ao goberno municipal o primeiro concelleiro membro de EQUO, dentro do goberno da Marea Atlántica. Daniel Díaz Grandío foi o concelleiro de Mobilidade Sostible estes catro anos. Neste tempo adoptáronse diversas medidas que contribúen a mellorar a mobilidade sustentable na Coruña, como forma de loitar contra cambio climático así como mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Un período no que os quilómetros de carril bici aumentaron considerablemente e conseguíronse retos como a peonalización da Cidade Vella e a baixada do prezo do autobús urbano.
EQUO A Coruña agradece o seu traballo destes catro anos e o compromiso do alcalde Xulio Ferreiro por unha cidade máis xusta e sustentable.

Daniel Díaz Grandío, Xulio Ferreiro e as bicis.

Algúns membros de EQUO A Coruña. Entre eles, Stephy Ordóñez candidata con Marea Atlántica en 2019 e Daniel Díaz.