“REINICIA.”: O lema de campaña de EQUO.

Onte día 2 de Novembro, Juan López de Uralde e Inés Sabanés (o cabeza de lista e a número 2 por Madrid) presentaron o lema de EQUO para a campaña do 20N. En palabras de Sabanés, “EQUO ha optado por desarrollar tres ideas y un concepto que explican bien lo que es este proyecto y lo que puede aportar al panorama político”:

“Recupera a ilusión”, porque EQUO considera que non basta con non estar de acordo, senón que hai que prantexar alternativas posibles que contribúan a que a cidadanía recupere a súa voz na política e participe na vida pública.

“Rexenera a democracia”, porque esta é unha das razóns de ser de EQUO: contribuír a que haxa unha democracia máis participativa, máis real.

“Recicla o teu voto”, porque EQUO chama á participación frote á pasividade e a que o voto se convirta nun elemento, aínda que non sexa o único, para que as cousas cambien.

Para EQUO a palabra que resume estas ideas e que se converte no lema de campaña é REINICIA, porque é o momento de comezar de novo e que se fagan as cousas doutro xeito.