Reforestación Participativa do Monte da Fraga

A Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza unha actividade de reforestación participativa no Monte da Fraga para o 30 de Xaneiro.

Continuando coas actividades de recuperación do Monte da Fraga, a Oficina de Medio Ambiente propón a realización dunha primeira acción para a reforestación do Monte da Fraga. Encol a esta actividade, realizouse
previamente unha visita guiada e unha conferencia sobre este tema.

Programa da xornada:

A actividade se desenvolverá de 12:00h a 17:00h. O lugar de encontro será a entrada principal da Facultade de Ciencias. As labores a realizar serán:

• Plantación das árbores: serán unha ducia de árbores que distribuiremos na contorna da zona onde se construíu a charca o curso pasado.
• Acondicionamento da charca. Desenvolveranse traballos de reconstrución das marxes da charca e dos elementos que estean deteriorados. Procederase tamén a plantar especies de vexetación emerxente (xuncos e lirios) para favorecer a súa colonización.  Disponse destas especies no humidal de depuración de augas residuais que hai no campus da UDC.
• Colocación de caixas niño.

Lugar de realización: Monte da Fraga.

É preciso traer un bocadillo para o xantar, ademais de calzado e roupa de traballo axeitada ao tempo. A organización achega a ferramenta necesaria para o desenvolvemento da actividade.

1517878_495016443943146_1115022543_oAs prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse:

Correo-e: oma3@udc.es

Mais información:

Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/