Proxección, conferencia e debate aberto sobre os efectos da megaminaría de ouro no Salvador

Conferencia Betanzos EQUO

Este sábado 3 de agosto ás 20 horas no Edificio Liceo de Betanzos, EQUO A Coruña organiza a Conferencia e posterior Debate sobre os Efectos da Megaminaría de Ouro no Salvador e as súas semellanzas coa mina de Corcoesto. O ponente invitado é Joaquín M. Chávez, Profesor de Historia na Universidade de Illinois, USA.

Falarase tamén do activismo ecoloxista en Centro América, moi importante para comprender ó activimos ecoloxista en todo o mundo.

Agardámosvos a todos e todas. A entrada é de balde.