Primeiros pasos para EQUO Galicia: xuntanza de persoas asociadas e simpatizantes de EQUO en Galicia

Na última asemblea provincial de EQUO A Coruña, que tivo lugar en Ferrol o 26 de novembro, acordouse tentar impulsar a formación de EQUO Galicia en colaboración coas demais estructuras de EQUO na comunidade. Como resultado das diversas xestións realizadas por todas as partes, producirase unha xuntanza informal de socias/os e simpatizantes para expresar opinións sobre o tema e iniciar o proceso de establecer a estrucutura nacional de EQUO en Galicia.  A xuntanza terá lugar o próximo sábado en Santiago de Compostela. A continuación, adxuntamos máis datos concretos da convocatoria distribuida polas mesas provinciais:

 

Xuntanza de persoas asociadas e simpatizantes de EQUO en Galicia

Día: 21 de xaneiro do 2012

Hora de inicio: 10.00h

Hora de finalización prevista: 13.30h

Lugar: Centro Sociocultuar José Saramago – Vite

Rua Carlos Maside 7, Santiago de Compostela

Tel: +34 981 570 988
Benqueridas equoamigas e equoamigos:

EQUO SEGUE MEDRANDO!

E o seguinte paso é comezar a falar de EQUO Galicia. Con ese fin as Mesas Provinciais Galegas queremos convocar ás persoas asociadas e simpatizantes de EQUO en Galicia que estean interesados en participar na formación de EQUO Galicia, especialmente aqueles residentes ou censados en calquera das catro provincias galegas.

Esta xuntanza ten por obxetivo coñecernos, coñecer  todas as propostas que teñades para o artellamento dun EQUO Galicia no futuro inmediato e ademáis conformar un grupo de traballo que se ocupe de levar a bo fin o que se aporte nesta xuntanza.

Temos moi presente que aínda non se tivo a oportunidade de conformar EQUO Lugo, e por iso agardamos que poidan asistir a esta xuntanza o maior número de lucenses posible. Haberá un espazo no que as persoas asociadas e simpatizantes de EQUO en Lugo poderán atoparse, coñecerse, e ter o apoio das outras provincias para comezar a formar EQUO Lugo. Desexamos que, paralelamente á creación de EQUO Galicia, poidamos darlle o pulo necesario a este proxecto na cuarta provincia galega.

A ORDE DO DÍA será a seguinte:

1. Benvida e lectura da Orde do Día (5 min)

2. Presentación das persoas que presiden a xuntanza, e dinámica de participación acordada (5-10 min)

3. Presentación da situación actual de EQUO nas catro provincias galegas e da Rede EQUO Mocidade Galega (sen debate, 20 min)

4. Turno de palabra aberto: Que propostas teñen as persoas asociadas e simpatizantes para o artellamento de EQUO Galicia?

5. Grupo de Traballo para a creación de EQUO Galicia

– Debate aberto: a estrutura do Grupo de Traballo, a súa función, o que se agarda del, etc

– Turno para presentarse voluntariamente para formar o grupo.

6. Rogos e preguntas.

Agardamos vervos a todas e todos alí, para escoitar as vosas propostas e opinións.

EQUO es ti, xuntos somos máis EQUO.