A iniciativa Onda Verde nace co obxectivo de que a Ecoloxía Política estea presente na confluencia “Mareas en Común”

Onda Verde trata de agrupar a todas as persoas e partidos cunha ideoloxía verde, para unir esforzos e contribuír a reforzar o proxecto “Mareas en Común”.

A iniciativa Onda Verde, impulsada por EQUO GALICIA, vaise poñendo en marcha. As primeiras xuntanzas celebráronse o pasado 18 de Abril en Santiago e o 19 de Abril na Coruña.

IMG_1130

Xuntanza de Onda Verde na Coruña, 19 de Abril 2016

A idea principal de Onda Verde é facer que a Ecoloxía Política estea moi presente nunha Marea que agrupe a todas as forzas do cambio de cara ás próximas eleccións autonómicas. A idea é que Onda Verde e as Mareas traballen de xeito paralelo e en conxunto e que Onda Verde poida ser un actor relevante no traballo da Marea en Galicia aportando todas as achegas programáticas desta parte do espectro político cos valores de sutentabilidade, democracia participativa, equidade social e loita polo Ben Común. A iniciativa partirá duns principios irrenunciables como a radicalidade democrática, a celebración de primarias abertas á cidadanía e o respecto á sustentabilidade social, económica e medioambiental na construción do programa.

Todas as persoas interesadas poden contactar con esta inciativa a través deste formulario web: http://ondaverde.gal/

portada02_ov_fck