Participa nas #PrimariasEQUO
EQUO é un espazo político que traballa en prol de acadar outros xeitos de facer política, máis abertos e alonxados da opacidade que caracteriza aos partidos tradicionais. As nosas primarias abertas forman parte dese compromiso pola transparencia e a participación democrática.
Animámoste a que participes na elaboración da nosa lista para as Eleccións Europeas que terán lugar o próximo 25 de maio.
As primarias faranse cun sistema de elección de dúas voltas:
- A primeira votación terá lugar do 22 ao 31 de xaneiro.
Esa votación determina a posición na lista das candidatas e dos candidatos
(lembra que en EQUO empregamos listas cremalleira, alternando mulleres e homes). - As dúas mulleres e os dous homes máis votados na primeira volta pasarán a unha segunda fase na que se decidirá quen encabezará a nosa lista. Esta segunda volta terá lugar do 1 ao 10 de marzo.
Tes toda a información sobre como participar nas primarias na seguinte ligazón da páxina de primarias de EQUO: http://unete.partidoequo.es/primarias
Unha vez pechado o prazo para a presentación de candidaturas, contamos cun total de setenta persoas entre as que escoller, incluíndo catro candidaturas de membros de EQUO Galicia. Podes consultar as candidaturas nesta ligazón: http://unete.partidoequo.es/primarias/candidaturas
Esta é a Nota de Prensa que preparamos sobre o noso proceso de primarias: 20140103_Primarias_EQUO