Presentación da coalición PRIMAVERA EUROPEA na Coruña, con Juantxo López de Uralde

O vindeiro martes 22 de abril, Día da Terra, contaremos coa presenza do co-voceiro de EQUO Juantxo López de Uralde en A Coruña. Con tal motivo organizamos un programa moi completo para celebrar o Día da Terra e presentar ante a cidadanía galega a coalición Primavera Europea. Agardamos que sexa do voso agrado. Convidamosvos a que participedes activamente e nos axudedes a difundilo entre as vosas amizades.

MARTES, 22 de ABRIL. PROGRAMA:

12.00h Mesa redonda Enerxía:“Unha política enerxética común para Europa”

¿Hai política enerxética en Europa? ¿Como nos afectará o conflito Rusia-Ucrania?¿Como será o próximo recibo da luz en España? ¿Por que a reforma enerxética implica un 35% de suba do recibo da basura?

Lugar: Sala de prensa Fundación Novagaliciabanco. Rúa Cantón Grande s/n

Modera: Javier Vázquez (EQUO Galicia)
Participan
:
Nosa Enerxía
, cooperativa enerxética galega; Plataforma por un nuevo modelo energético Px1NME; AGAEN -Cluster Galego de Autoconsumo Enerxético; Som Energia (pendente de confirmar)

14.00h Xantar da afiliación e simpatizantes con Juantxo.
16.00h Mesa informativa no Obelisco. Estará tamén presente Loli Tobío, candidata galega na lista da coalición “Primavera Europea”.

17.30h Reunións privadas axentes sociais.

LIBERA Galicia-Mellor sen touradas
Outras pendentes de confirmar.

20.00h Mesa redonda eleccións europeas.

Lugar: Círculo de Artesáns. Rúa San Andrés 36.
Modera
: Mariano Fernández Cabarcos (CuacFM)
Participan
:
– Juantxo L. de Uralde, EQUO (Primavera Europea)
– Xavier Campos, BNG (Los pueblos deciden)
– Marcos Celeiro PT (Partido da Terra)
– Paulo Carlos Lopez, CxG (Coalición por Europa)
– AGEE (aínda sen confirmar)

Programa