Presentación da candidatura de EQUO Teo

VENRES 10 de Maio, 20:00 h. Mediateca O Grilo. Cacheiras (TEO)

A nova agrupación local de EQUO Teo comeza este Venres os actos da campaña electoral das eleccións municipais #municipaisEQUO2019.

EQUO Teo recolle as inquedanzas veciñais do Concello xestando un proxecto de democracia directa sen intermediarios, poñendo o centro o medio ambiente, o feminismo, os dereitos humanos e a democracia.