Pregúntallo a Juantxo

Na vindeira semana Juantxo López de Uralde, un dos fundadores do partido EQUO, virá a Galicia a apoiarnos durante a presente campaña electoral cara o 21 de outubro. Participará en diversos actos por todo o país dos que vos iremos informando.

Desde EQUO Galicia pensamos que esta é a mellor oportunidade para preguntarlle todas aquelas dúbidas que teñades sobre EQUO. E non podemos deixala pasar. Queremos resolver cada cuestión pendente. Deixa a túa pregunta nun comentario aquí mesmo. Das preguntas recibidas ate o venres ás 23:59 escolleremos entre todos as mellores e esas farémoslla chegar.

E ti, que lle queres preguntar a Juantxo?

Biografía de Juantxo López de Uralde

Juan Antonio López de Uralde Garmendia (San Sebastián, Guipúzcoa, 1963), coñecido habitualmente como Juantxo López de Uralde, é un activista ecoloxista que cursou estudios de Enxeñeiría Agrícola na Universidade Politécnica de Madrid.1

Tras 10 años coma director de Greenpeace-España, foi uns dos fundadores do proxecto de ecoloxía política Equo en setembro do 2010. É secretario xeral e membro da Comisión Xestora do partido EQUO desde outubro do 2011. (Ler máis_ligazón externa)