EQUO A Coruña considera un erro a retirada do carril bus que provoca viaxes máis longas e a volta á dobre fileira. A bici debe potenciarse como comunicación entre os diferentes barrios, no só como un transporte de lecer.

EQUO A Coruña organizou, o pasado xoves 25 de abril, un café-coloquio sobre o tema da mobilidade. Neste coloquio participaron membros da Plataforma pola mobilidade da Coruña ademais de persoas interesadas neste tema.
As conclusións ás que se chegaron nesta charla inciden principalmente na necesidade de mellorar a comunicación, mediante un bo servizo público, das zonas limítrofes coa cidade da Coruña, ademais das da propia cidade.
Como exemplo, existe actualmente un servizo de tren entre Ferrol e A Coruña que circula por outras poboacións cunha importante concentración de habitantes e que podería servir como transporte masivo de viaxeiros á cidade evitando así a saturación de tráfico, a contaminación e, en xeral, todos os problemas derivados.
Outra conclusión á que se chegou, despois da información aportada pola Plataforma pola Mobilidade, foi que o servizo de autobuses urbanos da Coruña é insuficiente e non aporta aos seus viaxeiros nin sequera a información necesaria para o seu uso. A Administración e os servizos públicos deben ser pioneiros en innovación tecnolóxica e ofrir ós cidadáns as ferramentas necesarias para facerlles a vida un pouco máis fácil. Ademáis, a empresa que presta o servizo de transporte na cidade é unha empresa privada que obtén beneficios directamente do uso do transporte. Non se aporta información nas paradas, nin dos horarios concretos, nin un mapa das liñas, xa que o que hai, que é bastante inintelixible, existe só nas paradas da liña 4. Como curiosidade, houbo durante uns días unha campaña na que se entregaron panfletos informativos con información das liñas pero só durante a duración da campaña xa que agora é imposible conseguir un.
EQUO A Coruña entende que o Goberno Municipal do PP debe exisir a prestación máis efectiva de ditos servizos que pagamos todos os cidadáns.
Por outro lado, todos os participantes concordaron en que nesta cidade existe demasiada permisividade en canto a certas actuacións como a dobre fila, o cal fai que a nosa cidade se convirta nun mar de coches por onde é difícil circular cun vehículo de motor e moito máis como ciclista ou como peón.
Como conclusión final, fai falla unha actitude valente por parte dos políticos que dirixen o goberno local para mellorar a mobilidade e como consecuencia a calidade de vida dos cidadáns que viven e traballan na cidade e os seus arrabaldes.