EQUO Galicia celebra con certa prudencia as declaracións do presidente da Xunta nas que asegura que o proxecto mineiro de Corcoesto se paralizará definitivamente. Agardamos que estas palabras se transformen en feitos oficialmente no DOGA e que se anulen tódalas concesións ao proxecto de megaminería de Corcoesto e á empresa adxudicataria.
En EQUO Galicia agardamos que esta paralización, na que moito ten que ver a contestación social, supoña un primeiro paso cara a defensa da nosa terra ante as novas ameazas ao medio ambiente que supoñen este tipo de prácticas mineiras con cianuro ou os proxectos de extracción de gas mediante a fractura hidráulica (fracking).