Os animais non son xoguetes.

Desde EQUO  pedimos responsabilidade e prudencia ás familias no momento de facer a lista de agasallos para este Nadal. EQUO considera que antes de levar un can ou un gato á súa casa hai que ter en conta todos os coidados que precisan para saber se poderán facerse cargo.

Moitas persoas non fan esta reflexión antes de agasallar cun animal doméstico vendo as cifras de cans e gatos abandonados (preto de nove mil no 2010 en Galicia). A esta escalofriante cifra hai que engadir un número indeterminado de animais que son levados da man dos seus propios donos a sacrificar cando deixan de ser divertidos. No caso de seren animais exóticos, en EQUO remarcamos o grande problema que supón o seu abandono para o medio ambiente, e a necesidade de limitar a súa compra.De termos claro que un animal será un membro máis da familia e que o será para toda a súa vida,  desde EQUO recomendámosvos que vaiades a unha protectora para adoptar algún dos miles de animais que están a buscar unha familia.

EQUO Galicia non esquece a necesidade dunha meirande implicación por parte das institucións e administracións públicas para acabar co abandono e o maltrato animal, e fai un chamamento para que asuman a súa responsabilidade modificando a obsoleta Lei de Protección de Animais de Galicia.

[Fonte: Imaxes de animais reais en adopción extraídas da bitácora de galicia animal.]