O sábado 19 de xaneiro, en Lugo, haberá unha sesión formativa para aprender a comunicarse e adquirir habilidades que nos permitan chegar mellor á cidadanía.
O evento comezará ás 11:00 h. e rematará ás 20:00 h.
Aportación por persoa para sufragar gastos: 10,00 € (dez euros).
Se queres participar ou coñecer máis detalles, escribe a: info@equogalicia.org e dános o teu teléfono. Porémonos en contacto contigo, tamén para compartir coche.
Os detalles da xornada son estes:
Os verdes cada vez fanse máis conscientes da importancia da comunicación. E hai máis militantes que se dan conta que hai certos activistas verdes que están a avanzar polo manexo hábil da linguaxe, a maneira na que constrúen mensaxes, o que facilita que os votantes lles atendan e aprecien máis facilmente as súas propostas e vótenlles.
Neste obradoiro practicaremos esas novas maneiras de comunicar.
Tamén falaremos dos mitos que hai na comunicación política. Mesmo os partidos de esquerdas establecidos non os cuestionan a pesar de que con esa maneira de comunicar só chegan aos seus partidarios.
Este obradoiro está baseado nas derradeiras investigacións sobre como funciona a linguaxe en política. O libro “Non penses nun elefante”, de George Lakoff, é un exemplo coñecido de cómo construír novos xeitos de comunicar para votantes progresistas.
Non é un obradoiro teórico, se non que faremos exercicios e prácticas para que as participantes poidan experimentar por se mesmas esas innovadoras maneiras de influenciar honesta e eficazmente á cidadanía
Contido:
- Cómo funciona a linguaxe.
- Principios innovadores da linguaxe; retroalimentación e proalimentación.
- Fundamentos prácticos da comunicación.
- Mitos encol da linguaxe e a comunicación.
- Escoita proactiva, como aprendela.
- Mensaxes á contra e mensaxes a favor, implicacións no (des)empoderamento.
- Como as mensaxes afectan (positiva ou negativamente) ao emisor.
Aplicacións:
- Visibilizarse axeitadamente na sociedade.
- Comunicar eficazmente o traballo realizado na lexislatura municipal (no goberno ou na oposición)
- Aprender a achegarse á cidadanía (teña sensibilidade verde ou non).
- Crear mensaxes que impacten positivamente na veciñanza.
- Cómo reformular mensaxes para que transmitan máis aos posibles votantes.
- Cómo facer que a cidadanía se sinta escoitada e, por tanto, máis proclive a votarche.
- Cómo comunicar mensaxes verdes, para que haxa máis xente que os escoite.
O curso será impartido por Carles Porcel, podedes coñecerlle mellor en: capacitador.info