EQUO Pontevedra presentou alegacións ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Vigo este xoves ás 11.00h no rexistro do Concello de Vigo, da man do noso co-voceiro Néstor Vazquez.
Néstor Vázquez denuncia que “o plan aséntase sobre bases erradas e lonxe de ser sostible aposta polo continuísmo na mobilidade viguesa”.
Desde EQUO Pontevedra consideramos que o PMUS é moi mellorable no que respecta a mobilidade sostible, xa que relega erradamente a bicicleta a espazos de lecer. A bicicleta é unha alternativa real aos medios de transportes convencionais, económica, saudable e sostible, e a máis axeitada para distancias menores a cinco quilómetros, onde o uso da bicicleta presenta vantaxes considerables como medio de transporte.
Denunciamos a negativa do Concello de Vigo a cumprir o acordado xa tres veces no pleno por unanimidade e apostar dunha vez polas bicicletas como medio habitual de transporte. Denunciamos tamén a cortina de fume dos “circuítos amigables para a bici e para o peón” e reclamamosmedidas de reserva de carrís para a bicicleta, protección en interseccións ou mesmo a propia regulación das zonas de paso naqueles casos onde o tráfico rodado poida significar unha ameaza para as usuarias dabicicleta, para evitar así enfrontamentos innecesarios cós peóns ou cos demais vehículos.
Desde EQUO opoñémonos ás dúas alternativas previstas polo alcalde para o seu mal chamado “corredor verde” epropomos como terceira alternativa unha verdadeira senda verde, unha zona verde de lecer para a veciñanza cun carril bici en ambos sentidos da circulación de 1,5 metros de anchura para cada sentido ben delimitado.
Apoiamos a previsión para dotar a Vigo de aparcadoiros disuasorios, mais pedimos que se especifiquen no presente PMUS prazos, capacidades dos aparcadoiros, prezos e medidas previstas de fomento do seu uso. Solicitamos a reserva de espazos suficientes nos aparcadoiros disuasorios para bicicletas privadas e de servizo público de alugueiro de bicicletas.
Preocúpannos as distancias mínimas previstas para facilitar a mobilidade á persoas con capacidades reducidas e reclamamos espazos libres de mobiliario urbanos onde se poida inscribir un círculo de metro e medio de diámetro, para que os usuarios das cadeiras de rodas poidan manobrar sen baixar á calzada.
Como partido ecoloxista, EQUO Pontevedra define como lamentable que desde o Concello so se aspire a un aforro dun 7’6 % na emisión de partículas contaminantes á atmosfera. Esiximos un obxectivo moito máis ambicioso para que Vigo acade realmente o galardón que desexa o Alcalde coma referencia de sustentabilidade a nivel europeo. Consideramos que un aforro dun 25 % sobre o estimado para 2022 é o mínimo ao que debería aspirar unha cidade coma Vigono século XXI.
Instamos ao goberno local areiniciar canto antes o servizo de alugueiro de bicicletas,sen esquecer que o éxito do plan esta supeditado ao número de usuarios habituais que se consigan, dependendo isto moitoda implantación real de carrís bici seguros, que dean confianza nos desprazamentos aos futuros usuarios da bicicleta.
Néstor Vázquez lémbralle a Abel Caballero a existencia do informe de oficio que no 2006 redactou o Valedor do cidadán para a implantación dunha rede completa de carrís bici separados do tráfico, en toda a cidade.
Para levar a cabo estes cambios que propoñemos, solicitaremos tamén unha entrevista cós responsables da redacción deste plan ou, no seu defecto, co concelleiro de mobilidade.
+info: Informe do Valedor do cidadá: http://hoxe.vigo.org/pdf/valedorcidadan/AO_12.pdf
Consulta aquí as alegacións presentadas: Alegacións de EQUO ao PMUS do Concello de Vigo