O Plan de Protección das Illas de San Pedro debe garantir a conservación do seu ecosistema

O pasado 28 de Abril publicouse no Diario Oficial de Galicia, o Plan de Conservación do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) das illas de San Pedro. Coa publicación deste plan, as illas de San Pedro obteñen de maneira definitiva a súa protección como espazo natural.

Tras moitos anos de trámites administrativos, o goberno municipal de Marea Atlántica no que participaba EQUO, iniciou de novo o proceso para conseguir que a Xunta de Galicia confirmase a declaración como ENIL. Este proceso tivo como consecuencia a publicación o pasado 28 de Abril do Plan de Conservación. Desde EQUO A Coruña alegrámonos de que finalmente se aprobou esta figura de protección como espazo natural.

Agora o Concello da Coruña é o encargado de definir os usos e actividades permitidos nas illas, coa finalidade para garantir a conservación do seu hábitat e as súas especies. Desde EQUO A Coruña reclamamos que o goberno municipal coruñés destine os recursos necesarios para este fin.