O futuro do turismo é construilo dende o ecoloxismo

A actual crise está poñendo de releve que o modelo turístico deste país non ten un futuro porque a volatilidade desta estrutura fai que os movementos impredecibles desplomen este mercado.
Ademais se contamos que a economía estatal está baseada en unha parte importante no turismo masivo, consiste en que haxa unha febleza a longo termo.
Non debemos esquecer que o turismo masivo representa un gasto altísimo tanto en recursos, como en enerxía por non falar da contaminación e destrución de contornos.
 
Un turismo sostible, máis próximo, menos masificado, con establecementos hoteleros máis pequenos, un turismo rural de natureza, máis verde e máis responsable co medio debería estar entre as prioridades se se quere saír desta crise con perspectiva de futuro.
A economía verde é a única vía real para un modelo sustentable que non esquilme os recursos naturais, ao contrario, que os potencie e os aproveite sen esquilmalos.