Nestas últimas semanas o COVID-19, e a crise sanitaria que trouxo consigo, puxeron en evidencia moitas das carencias do sistema actual e dos sistemas do benestar de todo o mundo. Demostrounos de novo o dependentes que somos dos outros países e das outras persoas, e lembrounos a pasos axigantados as verdadeiras prioridades de todas nós.
Ante esta crise, as actuacións por parte dos gobernos en todo o mundo foron xeralmente contundentes e dilixentes para preservar a vida das persoas. A evidencia do risco mobilizou conciencias, e por unha vez, non se escoitaron tan forte aos intereses económicos e aos lobbies. Desgraciadamente para todas nós, non todas as crises se tratan igual.
A crise climática e outro dos nosos retos xa que a comunidade científica está advertindo dende hai décadas: Se o aumento das temperaturas medias globais é de máis de 2 graos, entraremos nun escenario impredicible e perigoso. Un escenario moi pouco favorable para manter a habitabilidade do planeta para todos os seres vivos.
Temos que ser valentes, temos que parar o ritmo de consumo dos recursos e o ritmo da contaminación para poder repensalo todo, poñendo ás persoas e ao planeta no centro.Xa non é momento de escusas.
A nosa actual circunstancia de parón forzado, pon de manifesto que non só era posible facer grandes cambios e tomar decisións de calado, senón que se poden realizar a gran velocidade. E se poden realizar sen deixar a ninguén atrás, sempre que se teña intención.
A Ecoloxía política, non se debe aos lobbies, nin aos intereses dos poderes económicos, contaminantes e curtopracistas. Dende a ecoloxía política buscamos o benestar das persoas e a nosa harmonía co medio. Pola sustentabilidade, e por preservar un planeta cheo de posibilidades para todas.
Imaxe: Noel Feans