O concelleiro de EQUO na Coruña, Daniel Díaz, asina en Barcelona o Manifesto polo dereito á Mobilidade

Sete cidades do cambio, A Coruña, ​​Santiago de Compostela, ​​Madrid, Pamplona,Valencia, Zaragoza, Barcelona e  Badalona, compartiron experiencias e debatiron sobre Mobilidade Sostible o pasado venres 16 de outubro.

Ademais, asinaron o “Manifesto polo Dereito á Mobilidade”, para fomentar a mobilidade sostible e inclusiva.

Co manifesto, as 8 cidades traballarán para reducir o uso do vehículo privado e promocionar o transporte público, a bicicleta e os desplazamentos a pé. O compromiso é camiñar cara a un modelo de mobilidade eficaz e que respecte a saúde e habitabilidade dos barrios.

Outras cuestións do documento é a ampliación dos espacios destinados ás persoas, a reducción de emisións contaminantes e do ruído.

Representando a A Coruña, asistiu o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz, membro de EQUO na candidatura de unidade Marea Atlántica.

Na representación do concello de Madrid, a compañeira de EQUO, Inés Sabanés, concelleira na candidatura Ahora Madrid.

 

12079285_974416875964285_4896796504273661001_n

Ajuntament de Barcelona. Venres 16 de Outubro