O 15 é o Xornal do ano do cambio, unha edición coas propostas de goberno municipal na Coruña da candidatura MAREA ATLÁNTICA.
No Xornal “O 15”, Ana Tomé, a co-voceira de EQUO A Coruña e Bisbarra, asegura que “a Marea Atlántica se está a confi rmar como a ferramenta máis efectiva para rachar coa deriva na que caeron as institucións e as forzas políticas inmobilistas que teñen representación nelas. A xente demanda unha maior participación para rematar con esta democracia de baixa intensidade que só favorece a unhas poucas elites”.
Dende o seu punto de vista, “o sistema aproveitou o complicado contexto económico que estamos a vivir para blindarse”, e o único que pode facer unha fenda nesa blindaxe é “a unidade popular da cidadanía, as organizacións sociais e as organizacións políticas non sistémicas, é fundamental para poder avanzar cara o obxectivo común de máis e mellor democracia”.