Convocatorias das manifestacións que terán lugar nas cidades e vilas galegas durante a folga xeral de mañá 14 de novembro.
Horarios e lugares de comezo e remate:
-Ourense: ás 12:00 horas, desde o Pavillón dos Remedios até a Subdelegación do Goberno.
–Vigo: ás 11:30 horas, desde a Praza de España, até a Praza de América.
–Vilagarcía de Arousa: ás 12:00 horas, desde a Casa do Mar até a Praza Ravella
–Compostela: ás 12:00 h, desde a Praza Roxa até a Praza de Praterías.
–Lugo: ás 12:00 horas, desde a Casa Sindical, na Ronda da Muralla, até a Praza de Santa María.
–A Coruña: ás 12:00 horas, desde a Praza da Palloza até a Praza de María Pita.
–Ferrol: ás 12:00 horas, desde a Praza do Inferniño até a Praza de Armas.
–Burela: ás 12:00 horas, desde a Estación de Servizo Vista Alegre, até a Praza do Concello
–Ribeira: ás 12:00 horas, desde a Estación de Autobuses até a Praza do Concello.
–Monforte de Lemos: ás 19:30 horas, desde a Praza de España até a Praza da Estación.