Non ás macrogranxas. Si á gandería extensiva sostible e ecolóxica

Dende VEREDES EQUO Galicia subscribimos e compartimos as declaracións do Ministro de Consumo Alberto Garzón, reflexionando sobre o sistema de produción cárnica das macrogranxas, xa que :

– Defende a maioría do sistema produtivo Galego, fronte aos sistemas de macrogranxas minoritarios en Galicia, pero as grandes corporacións agrogandeiras conseguiron poñer en contra á opinión pública manipulando as súas declaracións.

– É un sistema de produción de alimentos baseado no máximo crecemento e rendemento sen límites de recursos e nin reparar nas calidades nutricionais dos produtos, xa que o uso de pensos de engorde, medicamentos, non están de todo regulados. E se teñen constatado usos de esteroides e hormonas ilegais.

– A calidade nutricional é claramente inferior a calquera animal criado en liberade e alimentado sen pensos.

– É un sistema de explotación e de maltrato animal, os animais se crían acenados e normalmente case inmobilizados para acelerar o engorde.

– A concentración de animais xeran un gran problema coas cantidades de excrementos que normalmente acaban vertidos ao medio ambiente en forma de contaminación de acuíferos, rios e embalses. Ademais a demanda de pensos, normalmente fabricados con cereais de todo o planeta a veces de deforestación de selvas, obriga a un continuo transporte dos mesmos sumando contaminación por CO2 que súmase moito á pegada contaminante do produto final.

Os sistemas extensivos pola contra non requiren de dependencia de recursos alimenticios do exterior, xa que se alimentan cos pastos, cultivos, restos dos mesmos e arbustos xerados no medio onde se crían, ademais de facer un control sobre a biomasa facilitando a prevención de incendios e mantemento das praderías.

Os seus excrementos aboan os terreos por onde pastan sen xerar grandes puntos de concentración dos mesmo, xa que o movemento dos animais dispersa os mesmos en cantidades beneficiosas para o medio.

A súa carne e produtos son de calidade alimenticia superior. A súa vida transcorre en liberdade o semiliberdade, a súa cría e mais ética e respectuosa ca condición de ser vivo que é.

Dende Verdes EQUO Galicia defendemos unha dieta variada baseada en produtos vexetais e con mesura no consumo de produtos animais, seguindo as recomendación da Organización Mundial da Saúde, tamén baseada nos produtos de proximidade e tempada, que limiten a gran pegada ecolóxica dos transportes dos alimentos quilométricos dende os confíns do planeta, que non fan mais que incrementar o cambio climático.

Tamén temos que dicir que aceptamos a liberdade das persoas de elección da súa alimentación, pero apostamos porque os animais de consumo sexan criados en liberdade, cunha alimentación natural e ecolóxica, e con ética e respecto nos seus coidados durante toda a súa vida.

Non ás Macrogranxas !!

Si á gandería extensiva sostible e ecolóxica