Non á matanza de raposos…!!

EQUO Galicia manifesta a súa máis enérxica repulsa cara ás convocatorias coas que se programou unha brutal e irresponsable matanza de raposos por toda a xeografía galega. A Xunta de Galicia, xunto con ENCE e os colectivos de cazadores, non pode amparar nin dar cobertura de ningún tipo a esta carnicería organizada. Pola contra, a riqueza biolóxica do noso territorio debe ser escrupulosamente coidada polas institucións públicas que nesta ocasión como noutras, infrinxen os aspectos da lei de caza que aborda a protección, a conservación, o fomento e o aproveitamento ordenado dos recursos cinexéticos.

Esta barbarie ilegal foi establecida cun calendario de brutalidade que abarca os dous primeiros meses de 2019:

  • PROVINCIAL DA CORUÑA 12/01/2.019
  • PROVINCIAL DE LUGO 12/01/2.019
  • PROVINCIAL DE OURENSE    12/01/2.019
  • PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 12/01/2.019
  • CAMPIONATO GALEGO  20/01/2.019
  • XII COPA DE ESPAÑA DO RAPOSO 02/02/2.019
  • COPA PROVINCIAL DE LUGO  09/02/2 019

Auspiciar e animar esta brutalidade organizada revela o talante da actual Xunta de Galicia polo medio ambiente e a diversidade biolóxica salvaxe do noso país. Ante esta irresponsabilidade, EQUO Galicia exise a paralización inmediata desta matanza e calquera outra no futuro, animando a toda a cidadanía a trasladar a súa máis firme desaprobación e condena dirixíndose ao correo electrónico: gabinete.cmatv@xunta.gal

Non á matanza de raposos!!