A granxa de Blomvis Spain S.L. no concello de Carral quere duplicar as súas instalacións para criar 32.500 visóns ao ano. A Consellería de Medio Ambiente está a tramitar o proxecto de ampliación, que se atopa en exposición pública.
Como xa manifestamos en ocasións anteriores, VERDES EQUO Galicia rexeita totalmente este tipo de instalacións que son lugares de sufrimento animal para o proveito da industria peletera, ademais de focos de contaxio do Covid-19.
Unha vez máis, a Xunta toma a dirección contraria á tomada polos gobernos europeos con este tema, sendo Galicia un dos paraísos europeos de granxas de cría e sacrificio de visóns. Xa se produciron varios brotes de Covid nestas granxas, que producen contaxios entre os traballadores, así como o risco que supón aos veciños da zona.
Pola saúde de todos, esiximos o peche das granxas de visóns.