Nin traballo, nin estudo.

Nota do compañeiro Jacobo Calvo Rodríguez:

NIN TRABALLO, NIN ESTUDO.

Primeiro foi a debilidade da esquerda. Despois a reforma laboral. Logo a declaración do goberno actual na que dicía: de aquí a 2020 se esperan crear ¡DOUS MILLONES DE EMPREGADOS! Habendo hoxe 6 millóns de parados. Finalmente chegou a subida de taxas universitarias e a drástica rebaixa nas becas. Sumado á inversión dos bancos en universidades públicas, o Plan Boloña, a crecente privatización da educación, a rebaixa do presupuesto en I+D+i. Conclusión: Moitos non poderemos nin estudar, nin traballar. Imos cara una sociedade máis ignorante, máis maleable, menos cualificada e polo tanto máis “competitiva” (ou explotable?).
A EDUCACIÓN É INVESTIMENTO, NON É GASTO.
Reclamamos una fiscalidade europea capaz de combater os paraísos fiscais. De carácter progresivo: que pague máis quen máis contamina e quen máis recada, sexan sociedades ou particulares.
Poñer en marcha un plan de investimento en enerxías renovables que, segundo datos do anterior Ministerio de Medio Ambiente, podería crear ¡5 millóns de empregados! O que reduciría o gasto nos parados e aumentaría o resto dos impostos.
O gasto en importación enerxética en España supón 40.000 millóns de euros cada ano segundo o Ministerio (x4 o recorte en sanidade e educación). Ahí está o despilfarro. Por iso debe ser primordial a inversión en I+D+i e dar traballo a sectores cualificados que investiguen cómo facer fronte a este problema que en España é unha prioridade.

E nada máis, vide os que queirades, teño camisetas e demais cousas. Insisto en que veñades, creo que vai haber moita xente.

Graciñas.

Jacobo Calvo Rguez.