A ecoloxía política, traducida na busca da sustentabilidade ambiental, económica e social, na equidade social e na radicalidade democrática, en
seissete candidaturas para estas eleccións municipais.
Engadimos a Lugo Novo no pack!
EQUO Galicia estará presente nas Eleccións Municipais en seis municipios de Galicia tras o traballo nas diferentes confluencias cidadás ou coalicións de partidos. No resto dos concellos de Galicia, onde na actualidade non temos a suficiente presenza como para artellar ou participar en ningún tipo de candidatura municipal, animamos á cidadanía a buscar a mellor opción para apoiar nesta xa próxima cita electoral do 24 de maio.
En EQUO Galicia estamos convencidas de que a ecoloxía política está perfectamente representada nestas seis candidaturas, polo que invitamos a todo o mundo a consultar os seus programas e a apoialas:
A CORUÑA

http://mareatlantica.org
Que é a Marea?
Un chamado. A organización dun desexo común. Un proceso cidadán para a construción dun espazo de confluencia que vaia máis alá de siglas e nomes propios, dende a diferenza pero con xenerosidade. Unha iniciativa de individuos, non unha fronte de organizacións, que se quere liberada dos grillóns da vella política e baseada no protagonismo da xente.
EQUOxente na lista da Marea Atlántica: Daniel Díaz Grandío e María José Durán.
BETANZOS
http://www.betanzosnovo.org
Tal e como se expresa nos principios políticos do noso grupo, Betanzos Novo é unha Plataforma Cidadá con catro puntos básicos: Democratización do Concello e o deseño do Betanzos que queremos, Defender os dereitos básicos e conquerir unha vida digna para todos os Betanceiros, Impulsar unha economía con xustiza social e ambiental e Xestionar o urbanismo a favor da maioría social.
EQUOxente na lista de Bentazos Novo: Ana Tomé Morandeira.
GONDOMAR
http://manifestominhor.com
Que é Manifesto Miñor?
Somos persoas, veciños e veciñas do Val Miñor, xuntas neste MOVEMENTO VECIÑAL que se organiza por medio da participación directa baixo unha metodoloxía horizontal ASAMBLEARIA, distribuída por GRUPOS DE TRABALLO, e coordinados/as baixo un CÓDIGO ÉTICO para ir traballando un cronograma e un programa común de cara ás eleccións locais.
Partiu dun grupo promotor de veciños e veciñas de Baiona, Gondomar e Nigrán que se reuniu no Pazo da Escola (Mañufe, Gondomar) para iniciar unha acción cidadá, toda vez que concordaban na análise de que estamos a vivir un momento histórico no que se precisa da unidade para chegar a puntos en común e abrir espazos que faciliten esa
confluencia coa finalidade de conseguir a rexeneración democrática. Esta iniciativa concrétase na redacción do Manifesto Miñor .
Non hai EQUOxente nas súas listas pero si integrados nos grupos de traballo desde o inicio do proxecto.
LUGO
http://lugonovo.com
Aínda que chegamos algo tarde á confluencia que cristalizou en Lugo Novo, EQUO Galicia está a traballar desde hai unhas semanas neste proxecto, tras unha xuntanza na que se nos presentou o gran traballo que se viña realizando para mudar os xeitos de facer política institucional desde o Concello de Lugo. Témolo claro: a ecoloxía política está ben representada pola candidatura de Lugo Novo.
«Lugo Novo ten un proxecto de cidade. Ningunha forza política ou candidatura cívica detenta propiedade nin poder para marcarlle a unha sociedade o que debe ser, máis ben terá que advertir carácter ou tendencias, tomar pulo, propoñer un sentido de ordenación e funcionamento para a cousa pública.»
Non hai EQUOxente na lista de Lugo Novo, pero si traballando e colaborando coa candidatura.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
http://compostelaaberta.org
Compostela Aberta é unha proposta colectiva da veciñanza desta cidade, co obxectivo de desaloxar a corrupción do Concello e recuperar a Democracia.
EQUO Compostela apoia este movemento cidadán, tras meses de traballo pola confluencia e unhas primarias abertas nas que votaron máis de 1.000 persoas para elexir 15 candidatas e candidatos con e sen filiación política.
Non hai EQUOxente nas súas listas pero si integrados nos grupos de traballo desde o inicio do proxecto.
OURENSE
http://ourenseencomun.info
Ourense en Común é un proceso cidadán para a construción dun espazo de confluencia que vaia máis alá de siglas e nomes propios, dende a diferenza pero con xenerosidade.
Unha iniciativa baseada no protagonismo das persoas da cidade, non unha fronte de organizacións. A procura dun novo xeito de organizar a vida en común en Ourense, honesto e transparente, construído pola cidadanía, ao servizo da cidadanía e baixo o control da cidadanía. O comezo dun ciclo de Democracia Participativa sen peaxes e con capacidade para ilusionar á maioría social.
O manifesto é a nosa chamada. Non temos todas as solucións para os problemas da cidade. Pero cremos firmemente que se traballamos xuntas poderemos resolvelos.
EQUOxente na lista de Ourense en Común: Montserrat Valencia León.
VIGO
http://www.equopiratasvigo.info
En Vigo creamos unha coalición de partidos xunto a Piratas de Galicia, na que tamén se integrou a plataforma cidadá Vigo en Común e persoas sen afiliación política.
Traballaremos desde a honestidade e a transparencia por unha democracia participativa, pola defensa dos DDHH e dos animais, na defensa do Medio ambiente. Queremos unha cidade solidaria, sostible e que nos ilusione a todas as persoas que vivimos e traballamos en Vigo.
EQUOxente na lista de EQUOPiratas Vigo: Dolores Tobío Sueiro, Serafín Valencia Triviño, Néstor Vázquez Mariño, David Estellés Olveira, Óscar Blanco Hermida, Óscar Milego Fernández, Miguel Braña Montaña, María Isabel Prado González.