Movémonos polo Val Miñor

O pasado luns 7 de abril as xentes de EQUO Pontevedra organizamos un equocafé no Val Miñor, máis concretamente en Sabarís, onde tratamos alternativas e posibles solucións o transporte tanto urbano como interurbano no concello de Baiona. Transporte sostible, adaptado e circular, aparcamentos disuasorios, aluguer de bicicletas, mellora dos tramos do carril bici ou o descenso da velocidade a 30 km/h nos centros urbanos de Baiona foron algúns dos temas tratados.

EQUO café Mobilidade no Val MiñorDesde EQUO traballamos por unha mobilidade sostible que teña en conta a todas as persoas. Apostamos por un novo modelo productivo e temos como referencia á sustentabilidade, polo que a mobilidade é un eixo moi importante na nosa axenda política.