Martes 5 de Maio: Presentación da cooperativa galega de enerxía renovable NOSA ENERXIA en Marea Atlántica

O martes 5 de maio ás 19h, a Marea de Medio Ambiente organiza un #Mareaescoita coa cooperativa galega Nosa Enerxía, que comercializa enerxía de orixe 100% renovable.

Será un bo momento para informarnos de como asociarnos a nivel individual, contratar o noso subministro eléctrico privado e, sobre todo, explorar posibilidades de colaboración e apoio dende os Concellos a este tipo de iniciativas tan prometedoras.

Martes 5 ás 19h no local de MAREA ATLÁNTICA. Rúa Pontejos, nº 7. A Coruña

Logo_Nosa_Enerxia-acostada