A ecoloxía política, traducida na busca da sustentabilidade ambiental, económica e social, na equidade social e na radicalidade democrática, en seis candidaturas para estas eleccións municipais en Galicia.
EQUO Galicia estará presente nas Eleccións Municipais en seis municipios de Galicia tras o traballo nas diferentes confluencias cidadás ou coalicións de partidos.
No caso da comarca da Coruña, a agrupación local de EQUO-ACoruña e Bisbarra aprobou en asambleas celebradas na Coruña e Betanzos confluir coas candidaturas MAREA ATLÁNTICA e BETANZOS NOVO, respectivamente.
Estamos convencidos de que a ecoloxía política está perfectamente representada nestas candidaturas, polo que invitamos a todo o mundo a consultar os seus programas e a apoialas.
No resto dos concellos de Galicia, onde na actualidade non temos a suficiente presenza como para artellar ou participar en ningún tipo de candidatura municipal, animamos á cidadanía a buscar a mellor opción para apoiar nesta xa próxima cita electoral do 24 de maio.
A CORUÑA: Marea Atlántica
http://mareatlantica.org
Que é a Marea? Un chamado. A organización dun desexo común. Un proceso cidadán para a construción dun
espazo de confluencia que vaia máis alá de siglas e nomes propios, dende a diferenza pero con xenerosidade. Unha iniciativa de individuos, non unha fronte de organizacións, que se quere liberada dos grillóns da vella política e baseada no protagonismo da xente.
EQUOxente na lista da Marea Atlántica: Daniel Díaz Grandío (9) e Mª José Durán Domínguez (22).
BETANZOS: Betanzos Novo
http://www.betanzosnovo.org
Tal e como se expresa nos seus principios políticos, Betanzos Novo é unha Plataforma Cidadá con catro puntos básicos: Democratización do Concello e o deseño do Betanzos que queremos, Defender os dereitos básicos e conquerir unha vida digna para todos os Betanceiros, Impulsar unha economía con xustiza social e ambiental e Xestionar o urbanismo a favor da maioría social.
EQUOxente na lista de Bentazos Novo: Ana Tomé Morandeira (3).