Benqueridas eQuoamigas e eQuoamigos,
EQUO Pontevedra, apoia ás distintas plataformas cidadáns que se opoñen á incineradora e comunica o seu firme rexeitamento á incineración como sistema de xestión de residuos calquera que sexa a súa ubicación.
Convidámosvos ás persoas asociadas e simpatizantes a participar na manifestación convocada pola Plataforma Incineradora no Irixo Non en contra da decisión da Xunta de Galicia de instalar unha pranta de tratamentos de residuos sólidos urbanos con xeración termoeléctrica por incineración no Concello do Irixo en Ourense.
Queremos estar presentes nesta manifestación que terá lugar o vindeiro Domingo 29 de Xaneiro as 12:30 na Praza Maior do Concello do Carballiño, Ourense.
Ti es EQUO, xuntos somos máis EQUO.