EQUO GALICIA inicia unha rolda de contactos con diferentes forzas políticas sobre posibles alianzas para as europeas
O pasado luns 7 de outubro comezaron as conversas con distintas forzas políticas no ámbito galego. Estes contactos iniciáronse entre representantes de EQUO, EQUO Galicia e ANOVA.
EQUO valora o ofrecemento por parte de ANOVA de converxer nunha fronte ampla de forzas nacionalistas e de esquerda rupturista.
EQUO defende a representación da ecoloxía política no Parlamento europeo, sendo a súa prioridade chegar a ser unha forza relevante entre os Verdes Europeos.
Nos próximos días haberá novas conversacións con Esquerda Unida para seguir coa liña de diálogo entre partidos políticos establecida ata o momento.
Estas reunións enmárcanse na rolda de contactos que EQUO está tendo coas diversas forzas políticas en todos os ámbitos autonómicos para tratar as posibles alianzas de cara ás eleccións europeas.