Ideario e manifesto

Podes consultar o Manifesto Fundacional aquí.

Podes consultar o Manifesto do 4 de xuño, asinado por máis de 30 partidos ecoloxistas que acordaron integrarse en EQUO, aquí.

Podes consultar o programa electoral das eleccións xerais aquí.

 

AS SÚAS CRISES, AS NOSAS PROPOSTAS
Como avanzar cara a un mundo equitativo e sustentable

· Apostar polos Dereitos Humanos por enriba dos intereses económicos e comerciais.

· Paz e desarme. Resolución pacífica dos conflitos.

· Cumplir cos Obxetivos de Desenvolvemento do Milenio e co Pacto de Estado contra a Pobreza, acadando en 2015 o 0,7% para axuda oficial ó desenvolvemento. Revisión dos acordos comerciais que empobrecen aos países do sur.

· Desenvolver unha auténtica democracia participativa e prospectiva con máxima transparencia das actuación públicas e tolerancia cero coa corrupción

· Reformar o sistema electoral para que tódolos votos sexan equivalentes.

· Cambiar o modelo económico e produtivo, transición cara a unha economía realmente sustentable, baixa en emisións de carbono, que reduza a pegada ecolóxica e teña por obxetivo o benestar humano e a equidade social.

· Comercio xusto e consumo responsable.

· Consolidar e completar o estado do bienestar: educación pública universal de calidade, saúde en tódalas políticas e protección social.

· Democratización das institucións financeiras internacionais, instauración da taxa Tobin e eliminación total dos paraísos fiscais.

· Reforma fiscal verde. Accións contra o fraude, a economía sumerxida e a corrupción.

· Recuperar os dereitos laborais, democratizar a empresa e facela render contas sobre a súa responsabilidad social e ambiental. Reorientar o traballo facéndoo compatible co desenvolvemento integral da vida das persoas: conciliación, igualdade de oportunidades e pleno emprego.

· Fomentar o emprego verde e as actividades sectoriais emerxentes, como as enerxías renovables, a rehabilitación de edificios e a agricultura ecolóxica. Igualdade de oportunidades mediante políticas de xénero que garantan a equidade dende as diferenzas, superando as barreiras que todavía existen para faceña efectiva.

· Máis e mellor Europa: reorientación das políticas económicas e financeiras da Unión Europea co obxetivo de manter e non desmantelar o chamado Estado do Benestar. Redución drástica de emisións e consumo de enerxía: acordo internacional justo, ambicioso e vencellante sobre cambio climático, e transición xusta cara a un modelo enerxético con 100% renovables.

· Pechar as centrais nucleares.

· Novo urbanismo con cidades máis compactas e habitables, que xeren menos emisións e residuos: accións urxentes de loita contra a contaminación; non á incineración; pacificación dó tránsito, transporte público e implantación de una movilidade sostible.

· Reformar o sistema de subsidios agrarios e pesqueiros: fomentar a agricultura e a gandeiría ecolóxicas, prohibir os transxénicos e limitar gradualmente o uso de productos agroquímicos. Desenvolvemento rural baseado na conservación da biodiversidade e os recursos naturais: fomentar os productos locais e artesanais e o turismo rural.

· Protexer os recursos pesqueiros mediante a eliminación das prácticas destrutivas e non sustentables, así como a creación de reservas mariñas.

· Planificación hidrológica baseada na sustentabilidade ambiental e no cumplimiento da Directiva marco da agua. Non aos trasvases.

· Cumplimiento efectivo de la normativa ambiental por parte das empresas, as persoas particulares e as administracións públicas e privadas.

· Lexislación para a fin do maltrato aos animais.