Aloxamento e comidas no complexo Monte do Gozo

Para a xente que está interesada no aloxamento e comidas do complexo do Monte do Gozo, velaiquí a información que nos facilitou a empresa que o xestiona.

HABITACIONS TIPO HOTEL:
Prezo habitación individual so aloxamento: 29,05 €
Prezo habitación individual con almorzo buffet: 34,00 €
Prezo habitación dobre so aloxamento: 34,20 €
Prezo habitación dobre con almorzo buffet: 44,10 €
Prezos por habitación e noite con IVA 10% INCLUIDO

Informamos que as nosas habitacións son individuais e dobres (2 camas) con televisión, teléfono, calefacción, baño (lavabo, prato de ducha e WC) servizo de sabas e toallas incluídos. Non dispoñen de aire acondicionado.

HABITACIONS DE ALBERGUE
Prezo praza albergue so aloxamento: 9,50 €
Prezo praza albergue con almorzo continental: 12,50 €
Aluguer sabas: 4,00 € / xogo / estancia.
Prezos por persoa e noite con IVA 10% INCLUIDO

Informamos que  as habitacións do  noso albergue compártense, son de 8 persoas en  liteiras e algunhas de 4 persoas, dispoñen de almofada e manta pero sin  sabas nin toallas, con calefacción e con baño (WC, lavabo e prato de ducha) común no pasillo do pavillón.

Servizo Xantar/ Ceas en Self-Service:
Composición xantar / cea:
1º prato a elixir un entre: sopa, pasta, ensalada
2º prato a elixir un entre: carne ou peixe con guarnicións
1 sobremesa a elixir entre: flan, iogur, natillas
1 Botella de auga mineral e pan.
Prezo: 8,00 € / persoa / servizo IVA 10% INCLUIDO (previa reserva)
No hai ningún problema para dar servizo aos vexetarianos.

Para efectuar reservas, poden facelo de tres formas diferentes:

WEB: www.cvacaciones-montedogozo.com
TELEFONO: 981 55 89 42
CORREO-E: comercial@cvacaciones-montedogozo.com

****Para realizar a reserva, solicitarase unha tarxeta de crédito como garantía da reserva e o pago será directo en recepción por cada cliente.