I Congreso de EQUO GALICIA

Benqueridas persoas afiliadas e simpatizantes:

Complacenos invitarvos á celebración do I Congreso de Equo Galicia que terá lugar os próximos días 15 e 16 de xuño no Monte do Gozo (“Sala Multiusos” e “Biblioteca”, parte alta do complexo, ó lado da Cafetería)Cartel congreso, en Santiago de Compostela.

A finalidade deste evento é o encontro de tódalas persoas interesadas nas ideas de Equo que queiran participar no debate político. Equo Galicia quere fixar unha línea política de actuación coa opinión de todos vós para contribuír ó cambio de modelo social, para conseguir as metas de equidade social, a democracia participativa e a ecoloxía política. Por isto, animámosvos a participar activamente e aportar as vosas ideas nun traballo conxunto así como facer unha achega do mesmo a outras persoas que poidan estar interesadas para que veñan e coñezan os valores e principios de Equo.

Contaremos coa presenza do coportavoz federal de Equo, D. Juan López de Uralde (confirmado) ademais de cos voceiros de AGE, D. Xosé Manuel Beiras e Dna. Yolanda Díaz. Tamén co portavoz de Espazo Ecosocialista, D. Manuel Dios (por confirmar).

Para o traballo conxunto existen catro “laboratorios de ideas” nos que podedes participar:

  • Economía e sociedade.
  • Dereitos e democracia.
  • Sustentabilidade medioambiental.
  • Comunicación interna e externa.

Haberá outros encontros para a participación como un debate sobre as eleccións europeas e unha charla-coloquio sobre a Red Equo Xove e unha eventual charla sobre mulleres (neste último caso si hai persoas que queiran organizala).

No aspecto orgánico:

  • Presentación dos Estatutos de Equo Galicia.
  • Presentación da Comisión Executiva.
  • Asemblea de tódolos afiliados e simpatizantes para a elección dos representantes comarcais na Mesa Nacional.

Para acudir ó Congreso é aconsellable facer unha Inscrición previa cumprimentando unha ficha no seguinte enderezo:

https://docs.google.com/forms/d/1JodwgS2ZOQ8UfkgXUd8OM_AHpnvcYmAzBrv3tmXKfy0/viewform .

Isto facilitará enormemente o traballo da comisión organizadora a efectos de estimar a asistencia. Aínda así, todos aqueles que non fixeran a inscrición previa poden acudir o mesmo día do Congreso para facerlle a súa acreditación. O prazo de recollida de acreditacións terá lugar o sábado de 9 a 9:30h nunha Mesa na entrada posta para tal fin.

 Ti es Equo, xuntos somos máis EQUO! Esperámosvos para seguir medrando

Unha aperta.

Comisión Organizadora

i-congreso-equo-galicia@googlegroups.com

O programa é o seguinte (suxeito a modificacións):

Sábado, 15 de xuño

09:00 Recepción de participantes e recollida de acreditacións

10:00 Apertura do Congreso

10:30 Presentación da Comisión Executiva e dos Estatutos.

11:00 Intervención dos invitados: Juan López de Uralde (Equo Federal) e voceiros AGE (por confirmar).

12:00 Descanso.

12:30 Apertura do primeiro turno dos laboratorio de ideas (Sala Multiusos).

Charla-coloquio. Redes Transversais. Red Equo Xove. (Biblioteca).

14:00 Comida.

16:00 Apertura do segundo turno dos laboratorios de ideas.

18:00 Descanso.

18.30 Continuación dos laboratorios de ideas. Remate e conclusións

20:00 Asemblea para a elección dos representantes a Mesa Nacional.

21.00 Peche do primeiro día.

 

Domingo, 16 de xuño

10:00 Exposición á asemblea das conclusións dos laboratorio de ideas.

11:30 Descanso.

12:00 Debate: eleccións europeas (Iago A.) Ponencia.

13:00 Relación de presente e futuro con AGE.

14:00 Presentación Mesa Nacional.

14:30 Clausura do 1º Congreso de EQUO Galicia